Publicador de contidos

Publicador de contidos

José Ángel mantén a calma malia a última derrota: "Se non convencemos nós, imaxina o resto"

José Ángel mantén a calma malia a última derrota: "Se non convencemos nós, imaxina o resto"

O centrocampista do Deportivo entende que deben corrixir os erros cometidos diante do Castellón, pero con "tranquilidade e con cabeza"

G24.gal 11/12/2025 12:39

A derrota do Castellón cortou a xeira de cinco vitorias consecutivas do Deportivo -sete tendo en conta os dous encontros de Copa-. Un dos pesos pesados no vestiario, o andaluz José Ángel Jurado, entende que se deben corrixir certos erros cometidos no partido do domingo, pero "con tranquilidade e con cabeza". 

"Desde fóra vese todo máis doado e analizamos o que non fixemos ben" comentou na conferencia de prensa analizando o acontecido. Pero José Ángel non é partidario de revolucións porque o equipo segue en postos de ascenso: "Se nós non convencemos, imaxina o resto. Cando gañabamos tamén traballabamos para mellorar cousas e agora coa derrota tamén. Hai que darlle valor ao que conseguiu o equipo porque hai outros que nin sequera se achegaron aos postos en que estamos". 

José Ángel considera que a Real Sociedade B vai ser un rival "moi duro" malia que aínda non sumou ningún punto nos partidos que xogou como visitante e quere aparcar a eliminatoria de Copa diante do Mallorca, un torneo en que chegou ata unhas semifinais e considera "moi ilusionante". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade