Cargando resultados...
José María Merino, premio Nacional das Letras 2021
José María Merino, premio Nacional das Letras 2021
Recoñecemento a toda a súa obra
G24.gal
28/10/2021 21:08
O escritor e académico coruñés José María Merino é o gañador do Premio Nacional das Letras 2021. O xurado do galardón que outorga o Ministerio de Cultura destaca a mestría e excelencia de Merino na creación de literatura fantástica.
É un recoñecemento ao conxunto da súa obra narativa de novela, novela curta, contos e microrrelatos. O Premio Nacional das Letras está dotado con 40.000 euros.