Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado roza a perfección en Sardeña

Jorge Prado roza a perfección en Sardeña

Gañou a carreira de cualificación, a primeira carreira e a segunda manga para consolidar o primeiro posto no Mundial

G24.gal 07/04/2024 14:58 Última actualización 07/04/2024 18:00

O comezo de Jorge Prado neste Mundial de motocrós está a ser inmellorable. Por segunda proba consecutiva realizou o pleno de puntos. Impuxose na carreira de cualificación e nas dúas mangas co que engadiu sesenta puntos á súa conta co que aumenta a 17 a vantaxe sobre Tim Gajser. 

O piloto lucense comezou exhibíndose na primeira carreira. Realizou unha saída moi intelixente priorizando a trazada por riba do holeshot (acadado por Seewer) e colleu a cabeza da proba antes do final da volta inicial. Prado foise e só Gajser puido seguir o seu ritmo infernal. Por detrás fallaban o resto de rivais con Herlings obrigado a remontar desde o oitavo posto. O neerlandés acabou de terceiro, Gajser chegou a poñerse a un segundo de Prado pero o galego apertou o acelerador cando iso aconteceu e volveu a coller unha marxe cómoda. 

Na segunda empregou a mesma táctica, buscando liderar a proba desde o comezo. O que noutros anos lle custaba (manter a regularidade física na segunda manga) este ano semella superado. Herlings foi, desta volta, o único capaz de seguir o seu rastro ata que cometeu un erro e se foi ao chan. Pasou Gajser a seguilo, pero o esloveno tamén cometeu un erro diante do infalible Jorge Prado. Os rivais fallan e Prado está imperial liderando o campionato dun xeito asoballador. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos