Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Pérez: "O incidente da okupa condicionounos e saímos nerviosos coa penalización"

Jorge Pérez: "O incidente da okupa condicionounos e saímos nerviosos coa penalización"

O piloto salcedán atopou unha muller durmindo no seu vehículo antes de comezar a proba, na que rematou na terceira posición

G24.gal 10/07/2022 12:12 Última actualización 12/07/2022 17:49

Un piloto de rallys ten moitas anécdotas ao longo da súa carreira. Pero, posiblemente, a que viviu onte Jorge Pérez Olivieira xunto á súa copiloto Míriam Vera fose a máis incrible : atoparon unha muller durmindo dentro do seu coche antes de comezar a competición e necesitaron da presenza da Guardia Civil trala súa negativa a saír do vehículo. Isto provocou nervios e desconcentración no equipo, que acabou pagando cun erro que costou un minuto e 20 segundos de penalización, o que non lles impediu rematar no podio final do Rali Sur do Condado.

"Estar na meta é unha vitoria. Comezamos mal xa pola mañá e condiciou toda a proba. É algo que a esta hora aínda non asimilei. Logo o erro e a penalización xa condicionou moito. Era difícil saber o ritmo que levar pero sabiamos que podiamos gañarlles aos N5 pero subir máis ,salvo percance dos rivais, era imposible. Ao final contento. Foi unha mágoa porque era o rali da casa. Haberá que agardar outro ano para tentalo. Este ano a calor fixo a proba moi dura, pero foi igual para todos"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar