Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jesús López, microbiólogo: "Os centros sentinela poden ser a solución cando pase a sexta vaga"

Jesús López, microbiólogo: "Os centros sentinela poden ser a solución cando pase a sexta vaga"

Asegura que aínda é aventurado predicir cando poderá tratarse a pandemia como unha enfermidade endémica

G24.gal 11/01/2022 22:15

O catedrático de Microbioloxía da Universidade de Santiago considera necesario ter preparado un cambio de estratexia para cando o virus pase a ser endémico. Con todo, Jesús López Romalde sinala que non podemos prognosticar cando ocorrerá iso.

Na súa opinión, non debemos dar por feito que a ómicron cause unha enfermidade máis leve. López Romalde salientou que a maioría dos hospitalizados son persoas que non se vacinaron. Segundo afirmou, é a vacina a que protexe. 

O microbiólogo destacou que cando a sexta vaga baixe e haxa que cambiar de estratexia, unha boa solución podería ser un plan de centros sentinela para vixiar a evolución do virus. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade