Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jeffrey Herlings, campión do mundo de MXGP

Jeffrey Herlings, campión do mundo de MXGP

Jorge Prado rematou no quinto posto

Rubén Fernández finalizou o Gran Premio de Mantova no oitavo lugar

G24.gal 10/11/2021 17:06

Jeffrey Herlings proclamouse campión do Mundo de MXGP na segunda carreira do Gran Premio de Città dei Mantova (Italia). O neerlandés gañou tamén a primeira carreira, pero a súa proximidade na clasificación con Febvre facía que xogasen todo na segunda. Finalmente só 5 puntos na xeral foron a diferenza.

O galego Jorge Prado acaba a tempada quinto na xeral mentres que Rubén Fernández volveu facer un gran traballo e finalizou o Gran Premio de Mantova no oitavo lugar.

Herlings impúxose xa na primeira manga demostrando a súa agresividade. Saíu na cuarta posición pero aos dez minutos de carreira realizou un par de adiantamentos espectaculares. Febvre tentou seguir a súa roda, pero acabou no segundo posto. Jorge Prado foi o máis rápido na primeira volta (holeshot) pero acabou cedendo diante do empuxe dos favoritos e acabou na quinta posición. Rubén Fernández chegou a rodar no sexto posto, pero acabou no 12º posto.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos