Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Javier Pardo, preto do título en ECR2
                            G24.gal
                        
                            26/10/2021 12:10
                        
                        
                        
                        
                    
                    Temos a Javier Pardo a punto de ser campión de Europa de Rallys na categoría ECR2. Pardo e o seu copiloto, o asturiano Adrián Pérez, acaban de gañar en Hungría. Falta a carreira das Illas Canarias en novembro.
En Hungría houbo un accidente sen consecuencias do seu compañeiro Joan Viñes.
Pardo gañou en Hungría con máis de seis minutos de vantaxe sobre os seus perseguidores. Se nas Canarias queda entre os seis mellores, será campión de Europa na súa modalidade.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
        