Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javi Rodríguez: "Se Claudio non me colle en xuvenís non estaría aquí"

Javi Rodríguez: "Se Claudio non me colle en xuvenís non estaría aquí"

Tras catro xornadas de Liga, xogou xa en tres partidos, e dous de titular

G24.gal 10/09/2024 12:58 Última actualización 10/09/2024 13:06

Só hai no Celta dous casos de rapaces que dende o benxamín B chegaron ao primeiro equipo: Damián e Javi Rodríguez. Mais cunha diferenza importante nese proceso de formación. No paso de cadetes a xuvenís, o club comunicoulle a Javi que non ía ter moitos minutos e se quería podía marchar do Celta

"Dixen, vouno intentar. Igual no Nadal pido saír".

"Por sorte, saíu todo ben e puiden seguir aquí. Se Claudio non me colle en xuvenís non estaría aquí, estoulle moi agradecido".

Tras catro xornadas de Liga, xogou xa en tres partidos, dous de titular. Sabe que ten que mellorar.

"Teño que mellorar o físico, acabar os 90 minutos cústame un pouco".

"Claudio sempre me dixo que se quería chegar alto tiña que mellorar o meu físico".

O Celta de Claudio segue invicto en Balaídos dende a temporada pasada. Leva sete partidos en Balaídos: cinco vitorias e dous empates. O domingo chega o Valladolid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos