Cargando resultados...
Javi Rey estréase con vitoria no banco do Arenteiro
Marquitos decidiu cos seus dous goles en Burgos
G24.gal
26/11/2022 21:26
O Arenteiro, no seu primeiro encontro con Javi Rey no banco tras a marcha de Fran Justo, logrou o triunfo no campo do Burgos Promesas por un a dous e mantén así un sólido liderado na clasificación.
Marquitos foi o autor dos dous goles do conxunto do Carballiño. O primeiro, no minuto 22 do primeiro tempo. O cero a dous chegaría no minuto 63.
O filial do Burgos, pechacancelas da táboa, recortou cun golazo de Erik Rafael na recta final dun choque que terminou coa celebración de Javi Rey cos afeccionados galegos desprazados ata a cidade burgalesa. Son tempos de ilusión para un Arenteiro que segue protagonizando unha temporada espectacular.