Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javi Rey: "A chave vai ser o Espiñedo e neste partido amosouno"

Javi Rey: "A chave vai ser o Espiñedo e neste partido amosouno"

O técnico do conxunto do Carballiño atendeu á Radio Galega tras a vitoria ante o Palencia

G24.gal 26/02/2023 09:57

Houbo que sufrir moito para sacar o partido adiante e seguir aumentando distancia cos rivais directos polo ascenso a 1ª RFEF. Por iso, o adestrador do equipo verde, Javi Rey, estaba satisfeito do traballo realizado.

"Foi un encontro moi desputado, un equipazo que encaixa moi pouco. Non estivemos cómodos e na segunda metade maduramos o encontro. Son 3 puntos importantes e xa sumamos 50. Veremos como son os resultados de mañá. Encántanme os equipos de Jorqués, poñen moita intensidade. Polo visto na segunda metade o resultado é xusto. Queda moito por diante, e a chave vai ser Espiñedo, e hoxe respondeu e levounos á vitoria".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade