Cargando resultados...
Iván Villar manterá a titularidade á espera da fichaxe dun porteiro
O gran rendemento ante o Betis garántelle a continuidade no partido do vindeiro domingo contra o Atlético de Madrid
G24.gal
07/02/2023 21:20
O Celta agarda confirmar a fichaxe dun porteiro para as próximas horas. O candidato número un é o brasileiro Diego Alves, de 37 anos e con experiencia na Liga.
Pero o corpo técnico ten plena confianza no gardameta de Aldán Iván Villar. Realizou un gran partido na vitoria contra o Betis e será o titular ante o Atlético de Madrid, o vindeiro compromiso do equipo vigués en Balaídos.
Xunto a el está a adestrarse o titular habitual no filial, Christian Joel. Os de Carvalhal preparan a visita do Atlético, na que buscarán a terceira vitoria consecutiva.