Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iván Ares, 'Cohete' Suárez e Pepe López, favoritos no Rally de Ourense

Iván Ares, 'Cohete' Suárez e Pepe López, favoritos no Rally de Ourense

Ourense é a cuarta proba do calendario dun total de nove. Un dos tramos poderá seguirse en directo na G2 e en g24.gal/deportes

G24.gal 08/06/2022 15:42 Última actualización 08/06/2022 15:49

Estamos en Ourense a dez días da celebración do tradicional rally ourensán.

Nun foro organizado pola Región, tres aspirantes á vitoria, Iván Ares, 'Cohete' Suárez e Pepe López, conversaron sobre esta edición.

O Rally de Ourense é a única proba do Supercampionato de España que se celebra en Galicia.

O Rally de Ourense recupera as súas datas tradicionais: 17-18 de xuño. E alí estarán tres campións de España.

Ares: "Será unha proba crucial. É a única en Galicia do Supercampionato"

Cohete: "Non son adiviño, espero gañar eu como o ano pasado"

Pepe López: "Téñolle moito cariño ao rally, gañamos as 2 veces que viñemos. Hai que facer un traballo previo importante"

Non é o mellor momento porque, tras comezar ben os dous primeiros rallys, Iván Ares sufriu un grave accidente en Pozoblanco.

Ares: "Teño bastantes molestias nas cervicais"

Mellor lle foron as cousas a Pepe López no seu regreso ao nacional. Estrea coche, vai líder e aspira a revalidar o título que conquistou en 2019 e 2020. O ano pasado non participou por estar correndo o mundial.

Ourense é a cuarta proba do calendario dun total de nove. Un dos tramos poderá seguirse en directo na G2 e en g24.gal/deportes

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade