Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iván leva o seu avó celtista a Andorra para ver por vez primeira o seu equipo

Iván leva o seu avó celtista a Andorra para ver por vez primeira o seu equipo

Un emigrante galego en Cataluña que poderá gozar do Celta dos seus amores

G24.gal 14/12/2021 15:30

En Zona mixta falaron hoxe con Iván Álvarez, un mozo de Barcelona que esta tarde vai cumprir o soño do seu avó, un galego emigrado hai anos a Cataluña.

Sendo celtista, nunca chegou a ver en persoa un partido do Celta e o rapaz conseguiu que poidan asistir ao encontro de Copa en Andorra.

O Celta deu facilidades

Iván contactou co Celta a través das redes sociais e o club deulles todas as facilidades para que poidan estar no Estadi Nacional.

Iván contou como recibiu a proposta o seu avó:

“Emocionouse e dixo: 'Imos aló!'"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade