Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan o condutor do accidente de Gondomar en que morreu un motorista

Investigan o condutor do accidente de Gondomar en que morreu un motorista

Dera negativo nas probas de alcol e drogas, pero pescudan se fixo un adiantamento non permitido na zona

O seu turismo e a moto da vítima bateran na medianoite do pasado 25 de abril na estrada PO-340

Estado en que quedou o coche do investigado
G24.gal 11/05/2024 17:25 Última actualización 11/05/2024 18:01

A Garda Civil investiga como presunto autor dun delito de homicidio imprudente o condutor implicado no accidente ocorrido o pasado 25 de abril no que perdeu a vida un motorista de 21 anos na localidade de Gondomar.

Segundo puido confirmar Europa Press, o condutor do vehículo, ferido no sinistro, dera negativo nas probas de alcol e drogas ás que foi sometido. Con todo, pescudan a velocidade á que circulaba e se realizou un adiantamento non permitido na zona.

O sinistro, ocorrido no punto quilométrico 18 da estrada PO-340, ocorreu na medianoite. O coche e a moto bateron e a vítima faleceu no acto.

A moto da vítima A moto da vítima
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade