Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a morte dunha muller que apareceu aboiando nas costas de Tenerife

Investigan a morte dunha muller que apareceu aboiando nas costas de Tenerife

Todas as hipóteses están abertas, pero apúntase á posibilidade dunha morte violenta

G24.gal 29/04/2024 11:25 Última actualización 29/04/2024 11:47

A Garda Civil investiga a morte dunha muller cuxo cadáver apareceu flotando este venres nas costas de Arico, ao sur de Tenerife.

Fontes do instituto armado informaron a EFE de que se manteñen todas as hipóteses de investigación posibles mentres o corpo foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Tenerife para a realización da autopsia.

O cadáver, segundo a prensa local, foi atopado cunha bolsa de plástico na cabeza polo que se apunta á posibilidade dunha morte violenta, feito que non confirmou a Garda Civil. Segundo fontes policiais, o corpo presentaba un avanzado estado de descomposición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar