Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a aparición de ratas e cobras na farmacia do Hospital Montecelo

Investigan a aparición de ratas e cobras na farmacia do Hospital Montecelo

O xerente lembrou que o hospital está próximo ao campo e que o servizo de farmacia está na planta -2, o que favorece este tipo de situacións

G24.gal 17/06/2026 18:11

A xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés investiga a aparición de ratas e cobras na farmacia do Hospital Montecelo, en Pontevedra.

Así o ratificou o propio xerente. José Flores lembrou que o hospital está próximo ao campo e que o servizo de farmacia está situado na planta -2, o que favorece que poidan darse este tipo de situacións.

Con todo, matizou, iso non quita que haxa que poñer "inmediatamente" un dispositivo en marcha.

Tal e como comentou, xa se lle comunicou á Unidade de Prevención de Riscos Laborais e ao Servizo de Medicina Preventiva, entre outros, ademais de estar debidamente informado o equipo directivo.

"Estanse levando a cabo todas as medidas necesarias, cunha investigación para actuar en consecuencia e de forma definitiva sobre esta situación que, insisto, xa se dera noutras ocasións por unha cuestión de xeografía e situación", destacou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos