Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investidura frustrada en Murcia despois de que Vox votara en contra do candidato do PP

Investidura frustrada en Murcia despois de que Vox votara en contra do candidato do PP

Vox esixe a entrada no Goberno murciano para votar o candidato popular

Fernando López Miras terá que enfrontarse a unha nova invesdidura o vindeiro luns en que só precisará maioría simple

G24.gal 07/07/2023 17:27 Última actualización 07/07/2023 17:32

O Parlamento murciano rexeitou este venres a investidura do candidato do PP, Fernando López Miras, como presidente da comunidade autónoma con 24 votos negativos.

Este resultado produciuse ao facer efectivo Vox o seu anuncio de voto en contra.

López Miras contou unicamente co apoio dos 21 votos do Partido Popular, dous votos menos dos necesarios para a maioría absoluta.

Os trece deputados do PSOE, os nove de Vox e os dous de Podemos dixeron non á investidura de Fernando López Miras, quen terá que enfrontarse a unha nova votación o vindeiro luns, 10 de xullo, en que só necesitará maioría simple para resultar elixido, algo posible se finalmente Vox decidise absterse. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade