Cargando resultados...
Interior elimina a altura mínima para acceder ao Corpo Nacional de Policía
Os homes tiñan que medir polo menos 1,65 m e as mulleres 1,60 m
Consideraban a medida discriminatoria, especialmente para as mulleres
Aínda se cribará por altura para algúns corpos especiais

G24.gal
14/02/2022 21:20
O Ministerio do Interior elimina o requisito da altura mínima para acceder ao Corpo Nacional de Policía.
Ata o de agora os homes tiñan que medir 1,65 e as mulleres 1,60 para poder exercer. Varias organizacións profesionais e sindicatos policiais reclamaban que se eliminase esa esixencia ao considerala discriminatoria, especialmente para as mulleres.
Nas próximas convocatorias xa non se pedirá altura mínima, agás para algúns corpos especiais como os GEO ou as unidades de prevención e reacción da Policía Nacional.