Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interceptan un condutor por ir en dirección contraria pola avenida de Castelao en Vigo

Interceptan un condutor por ir en dirección contraria pola avenida de Castelao en Vigo

Un home de 50 anos que deu negativo en alcolemia

G24.gal 02/11/2026 13:51

Aínda se aprecian na medianeira da avenida de Castelao as pegadas dos pneumáticos do coche que onte ás sete e media da tarde conduciu en sentido contrario un bo tramo da estrada. Trátase dun home de 50 anos que, desorientado, colleu a rotonda do barco, bateu cun sinal, e baixou cara á praza de América en sentido contrario.

A noticia non pasou desapercibida no barrio de Coia, pouco acostumados a este tipo de sucesos. Foron moitos os peóns e condutores que alarmados chamaron a policía. Unha patrulla interceptouno pouco despois na avenida de Camelias.

Estaba desorientado e deu 0,0 graos na proba de alcolemia. Pouco despois outra persoa achegouse para levar o coche e o condutor, que non precisou atención sanitaria. A sorte foi que non era unha hora con moito tránsito nesta arteria do tráfico de Vigo. 

O condutor podería ser acusado de condución temeraria de probarse que puxo en perigo peóns ou vehículos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos