Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inmobilizan iates de oligarcas rusos en portos de Mallorca e Barcelona

Inmobilizan iates de oligarcas rusos en portos de Mallorca e Barcelona

Un tripulante ucraniano do Lady Anastasia tentara afundilo cando empezou a guerra

O Valerie é un megaiate de luxo de 85 metros de eslora valorado en 130 millóns de euros

G24.gal 15/03/2022 14:39

España empeza a incautarse tamén dos iates de oligarcas rusos. O Ministerio de Transportes ordenou a inmobilización do Lady Anastasia na medianoite deste martes en Port Adriá, no concello malloquín de Calvía. Segundo algúns medios. o barco de 47,73 metros de eslora é propiedade do fabricante de armas Alexander Mijeev, próximo ao Kremblin. Pero oficialmente a delegación do Goberno en Baleares cualifica a medida como unha inmobilización provisional ata recabar información sobre a súa titularidade real.  

Segundo os responsables do porto no 'Lady Anastasia' non ondea ningunha bandeira rusa e a propiedade da embarcación está a nome dunha empresa, pero trátase do mesmo barco que un tripulante ucraniano tentara afundir semanas atrás como reacción diante da invasión do seu país por Rusia.

O Lady Anastasia é o segundo iate inmobilizado en España. Este luns o propio presidente do Goberno Pedro Sánchez, confirmaba a retención doutro megaiate no porto de Barcelona. Neste caso trátase do Valerie, un buque de recreo de luxo de 85 metros de eslora.  Segundo algunhas fontes está valorado en 130 millóns de euros e está vinculado ao magnate Serguéi Chemezov, dirixente de Rostec, unha grande empresa pública rusa de armamento.

A Axencia Tributaria investiga tamén o Tango, outro megaiate propiedade dun millonario ruso cercano a Putin que recala cada inverno en Palma para a súa reparación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade