Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iker Losada continuará como celeste ata o 2025

Iker Losada continuará como celeste ata o 2025

Formado no club desde alevíns é unha aposta de futuro do Celta

G24.gal 11/05/2022 18:09

O Celta segue confiando nos xogadores formados na súa canteira e acaba de renovar ao catoirense Iker Losada (2001) ata o ano 2025. Losada comezou a xogar no Celta en idade alevín e pasou por todas as categorías do club ata debutar co primeiro equipo con 18 anos. 

En idade xuvenil Losada converteuse nun habitual do equipo filial co que xogou máis de sesenta partidos e anotou 8 goles. A 21-22 está a ser a súa mellor temporada no segundo equipo celeste demostrando a súa polivalencia adaptándose a diferentes roles dentro do equipo de Onésimo Sánchez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos