Cargando resultados...
Iglesias Villanueva apunta as novidades da temporada para a arbitraxe
Os colexiados tentarán axilizar procesos e parar o xogo o menos posible
G24.gal
12/08/2022 07:57
Axilizar procesos e parar o xogo o menos posible. Esa é a premisa que guía aos árbitros de campo e VAR esta temporada. Apunta o único árbitro VAR internacional galego, Nacho Iglesias Villanueva, que este mecanismo fixo o fútbol máis xusto, pero que as polémicas son inevitables.
O eumés pasou de arbitrar no campo a facelo na sala VOR, faceta na que é internacional, pero non agocha certa nostalxia. Vivencias das que gozará seu irmán Javier, que prolongará a tradición familiar este ano coa súa estrea en Primeira.