Idiakez, alporizado: "O primeiro tempo non se corresponde con esta camisola"
O adestrador do Deportivo non mordeu a lingua á hora de analizar o partido: "Fomos unhas nais en todo o campo"
Idiakez estaba alporizado unha vez rematou o partido do Deportivo no campo do Levante. A primeira parte e, sobre todo, a primeira media hora deixou moi cabreado o adestrador dun equipo que está afundido nos últimos postos da clasificación. "Foi terrible, o primeiro tempo non se corresponde con esta camisola nin con este equipo", dixo Idiakez.
"Dá igual o debuxo se a actitude é esta. Cada duelo era para eles, non había disputas, non metiamos a perna, non disputabamos o balón parado... Se non hai uns mínimos é imposible gañar. Xogamos unha primeira parte malísima", seguiu insistindo. "Fomos unhas nais todo o primeiro tempo, neste nivel así non se pode xogar", concluíu o técnico.