Cargando resultados...
Iago Aspas mantén a esperanza de estar en Qatar
Na lista de 55 xogadores que enviou á FIFA o seleccionador Luis Enrique, tamén se atopa o santiagués Borja Iglesias
G24.gal
27/10/2022 20:51
Comeza a conta atrás para o Mundial de Qatar. Hoxe filtrouse a lista previa de Luis Enrique, de 55 xogadores, e nela está Iago Aspas. O dianteiro celeste supera así o primeiro corte do seleccionador.
Luis Enrique asinou unha lista que a Federación envía á FIFA e da que sairán os 26 elixidos para ir ao Mundial. Para coñecer eses 26 nomes teremos que agardar ao vindeiro 11 de novembro, cando está previsto que Luis Enrique a faga pública. Nesta lista previa hai cinco xogadores por posto. Ademais de Iago Aspas, tamén están Sergio Ramos, Nico Williams ou o santiagués Borja Iglesias.