Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hugo Matos dálle aire ao Compostela cos goles que culminan a remonta (4-2)

Hugo Matos dálle aire ao Compostela cos goles que culminan a remonta (4-2)

O Marino de Luanco gañaba no treito final da primeira parte por 1-2 pero o cadro santiagués conseguiu recuperarse

G24.gal 09/02/2025 19:06

O Compostela logrou unha vitoria vital contra o Marino de Luanco (4-2) nun partido que se lle complicou cun 1-2 e no que tivo que remontar no segundo tempo. Dous goles de Hugo Matos danlle aire na clasificación e permiten aliviar unha situación moi complicada. 

Non puido principiar mellor o partido cun gol de Markitos. O ex-xogador do Arenteiro estreouse coa camisola do Compostela. No medio do ida e volta e dun bo feixe de ocasións o equipo asturiano acertou en dúas xogadas e con goles de Óscar e Álex Arias deulle a volta ao marcador. 

A situación era crítica para o equipo de Permuy pero xusto antes do descanso Santi de Prado marcou un gran gol para poñer o empate. Na segunda metade seguiu moi aberto o encontro ata que chegou un erro en defensa do Marino que aproveitou Hugo Matos para marcar o terceiro. Á contra conseguiu marcar o cuarto o propio Hugo Matos que repetiu a dez minutos de final, un gol co que acougou un partido de tolos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade