Cargando resultados...
Hugo Mallo sofre unha fractura no brazo dereito
Non está descartado para xogar os dous últimos partidos de liga
Máis problemática parece a lesión de Fran Beltrán, cunha rotura fibrilar de grao I
G24.gal
24/05/2023 20:29
Máis problemas para a enfermería do Celta. O club confirmou o problema de Hugo Mallo, cunha fractura no cúbito do brazo dereito. Ao non ter desprazamento tería posibilidades de xogar nas dúas xornadas que quedan para o final do campionato.
Máis difícil parece a presenza de Fran Beltrán. Mancado no minuto vinte do partido do pasado sábado en San Mamés, a exploración confirmou unha rotura fibrilar de grao I no bíceps femoral dereito. As dúas últimas xornadas xogaranse nun prazo de dez días, co que o centrocampista madrileño ten moi difícil incorporarse á dinámica do grupo.