Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hugo Mallo e Angeliño avanzan cos seus equipos na Libertadores e na Champions

Hugo Mallo e Angeliño avanzan cos seus equipos na Libertadores e na Champions

Mallo foi titular no pase ás semifinais da Copa Libertadores do Internacional brasileiro

Angeliño marcou o gol que sentenciou o pase do Galatasaray á fase de grupos da Liga de Campións

G24.gal 30/08/2023 08:21

Dous galegos que viviron unha gran noite de fútbol foron Hugo Mallo e Angeliño. O lateral esquerdo de Coristanco Ángel Tasende marcou o gol que sentenciaba o pase á fase de grupos da Liga de Campións do Galatasaray. A eliminatoria diante do Molde noruegués pendía dun fío co equipo visitante a un gol de forzar a prórroga. Pero o tanto do xogador galego permite que os turcos volvan a estar na meirande competición en Europa. 

Hugo Mallo, pola súa parte, foi titular no partido de volta dos cuartos de final da Copa Libertadores. Eduardo Coudet empregouno como central e axudou a que o seu equipo se clasificase para as semifinais logo de eliminar ao Bolivar. Vitoria por 2-0 (dobrete de Enner Valencia) dos brasileiros que xa gañaran no primeiro partido por 0-1. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade