Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidroxeno verde, unha alianza necesaria, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Hidroxeno verde, unha alianza necesaria, por Venancio Salcines

G24.gal 22/12/2022 08:13

Vivimos tempos de cambio e tamén tempos de posicionamento. É bo recoñecer que a Presidencia da Xunta está a ver os novos aliñamentos que debe ter o tecido económico galego e algo máis, intenta facer alianzas, colaboración público-privada que o fagan posible. Neste marco é como nace a Alianza Industrial Galega do Hidroxeno Verde.

Galicia ten que estar, si ou si, na xénese da industria do hidróxeno verde, e ten que facelo por dos aspectos fáciles de entender. O primeiro, o hidroxeno está a ser chamado o combustible da loxística, alimentará o trafico rodado e tamén o marítimo. E sendo Galicia quen é na industria do mar non tería lóxica que non estiveramos bailando na nova sala dende os primeiros compases. O segundo motivo é igual de sinxelo, a industria será verde porque require de dúas cousas, unha enerxía barata e que non xere dióxido de carbono; é dicir require de enerxía fotovoltaica ou eólica. A segunda está máis desenrolada, pero require de ventos, e nos os temos. Polo tanto, se temos a necesidade e o recurso, por que non chamar con forza á porta da nova industria?

Onte a administración galega e a industria escenificaron unha alianza que só pode ser cualificada de positiva. O que non se pode dicir o mesmo é das ultimas manifestacións do Ministerio que fala dun sistema de corredores que da as costas a Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade