Hidalgo: “Queda demasiado como para falar da visita ao Castelló como unha final”
O técnico do Deportivo destaca a importancia do choque en Castalia, pero pase o que pase, aínda queda tempo para que sexa decisivo
O Deportivo chega ao final da semana con todo preparado para visitar ao Castelló este domingo ás 21:00 horas. Os coruñeses encadean dúas vitorias consecutivas antes de protagonizar este duelo directo entre o segundo e o terceiro clasificado, polo que unha vitoria dos branquiazuis, devolvería ao Depor aos postos de ascenso directo.
Antonio Hidalgo, previo ao choque fronte ao Castellón, analizou a actualidade do Deportivo.
“Queda demasiado como para tachalo como unha final. A partir de aí sabemos que é un partido moi importante contra un rival directo que está a loitar polo mesmo ca nós".
Na súa intervención valorou ademais moi positivamente o traballo de futbolistas como Riki.
"É normal que a xente queira ver a Riki de titular. É un xogador de talento que nos dá distintas opcións sobre o que temos aí. Veu cunha actitude boísima"
O Deportivo ten que mellorar a falta de pólvora dos seus dianteiros: entre os tres levan un gol en nove partidos.