Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidalgo conta con Yeremay, pero perde a Loureiro para recibir o Zaragoza

Hidalgo conta con Yeremay, pero perde a Loureiro para recibir o Zaragoza

O canario completou dous adestramentos e podería ter minutos despois de tres encontros de ausencia

Con Loureiro mancado e Barcia sancionado podería ter a oportunidade o xuvenil Samu

G24.gal 20/03/2026 10:11

O Deportivo recibe este sábado o Zaragoza (21:00 horas) nunha das doce finais que quedan ata o remate do campionato, tal e como dixo nos últimos días Diego Villares. Hidalgo sabe que as posibilidades de ascenso pasan por mellorar en Riazor onde vai ter sete partidos. A preocupante imaxe ofrecida hai quince días diante do Granada precisa ser modificada.

Desde a Asociación de Peñas son conscientes da importancia do momento e prepararon un recibimento na chegada do cadro de xogadores ao campo. De feito, habitualmente fan o percorrido a pé pero a partires do encontro deste sábado cambiarán a rutina e comezarán a chegar en autobús para que se sintan máis arroupados polos seareiros. 

No tocante ás novidades, Hidalgo confirmou que Yeremay completou dous adestramentos na semana e podería ser alta na convocatoria. Se cadra non para xogar de inicio, pero si para participar uns minutos dependendo de como vaia o partido.

Os problemas tenos o adestrador en defensa. Barcia é baixa por sanción e Loureiro mancouse esta semana. A opción que máis forza colle é a de Noubi compartindo defensa con Comas sen descartar a presenza do xuvenil Samu no equipo titular. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade