Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Helena Villar Janeiro: 50 anos de poesía social e feminista
Os primeiros poemas de Helena Villar Janeiro, Alalás, publicábanse en 1972
De rosa antiga recolle os poemas máis significativos de Villar Janeiro dende os anos 70 ata a actualidade
                            G24.gal
                        
                            28/11/2022 17:18
                        
                        
                        
                        
                    
                    Helena Villar Janeiro celebra os seus 50 anos como creadora poética. E faino cun libro De rosa antiga, que recolle a súa poesía máis significativa, a que transita dende unha voz intimista a unha lírica cun marcado compoñente social e feminista. Inclúe os seus primeiros poemas en castelán e tamén composicións inéditas. Conversamos con ela na súa casa e contounos cales son os atributos da súa produción lírica.