Cargando resultados...
Gonzalo Paciencia enfádase e rompe dous dedos da man
O futbolista, nun ataque de impotencia, golpeou unha parede de Balaídos rompendo dous ósos metacarpianos da man
G24.gal
31/08/2022 18:25
Última actualización 31/08/2022 18:31
Gonzalo Paciencia entrou con bo pé no Celta, pero todo se foi torcendo nesta última semana. O futbolista, que nos últimos días sufriu molestias nos isquiotibiais, vítima da impotencia por esta circunstancia, golpeou unha parede de Balaídos, á conclusión da sesión vespertina deste martes, e rompeu dous ósos metacarpianos da man. Este mércores foi operado e agora espérase a coñecer o período de recuperación.