Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gonzalo Paciencia, cunha dobre lesión, estará seis semanas de baixa

Gonzalo Paciencia, cunha dobre lesión, estará seis semanas de baixa

Sofre unha rotura fibrilar de grao 2 no bíceps femoral da perna dereita

Paciencia sufriu tamén a fractura do cuarto e quinto metacarpianos da man dereita

G24.gal 01/09/2022 10:59 Última actualización 01/09/2022 11:07

O dianteiro celeste Gonçalo Paciencia sofre unha rotura fibrilar de grao 2 no bíceps femoral da perna dereita, segundo desvelan as probas que lle realizaron hoxe os servizos médicos do Celta. 

Esta lesión manterá o ariete portugués inactivo ao redor das seis semanas. Por outra banda, Paciencia sufriu tamén a fractura do cuarto e quinto metacarpianos da man dereita, da que foi intervido cirurxicamente durante a xornada de hoxe polos servizos médicos do R. C. Celta. 

Gonzalo Paciencia entrou con bo pé no Celta, pero todo se foi torcendo nesta última semana. O futbolista, que nos últimos días sufriu molestias nos isquiotibiais, vítima da impotencia por esta circunstancia, golpeou unha parede de Balaídos, á conclusión da sesión vespertina deste martes, e rompeu dous ósos metacarpianos da man. Este mércores foi operado e agora espérase a coñecer o período de recuperación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade