Cargando resultados...
Gonçalo Paciencia e Miguel Rodríguez volven a traballar co grupo
Rafa Benítez acelera para ter o equipo nun bo momento no partido contra o Wolfsburgo

G24.gal
01/08/2023 15:07
O Celta acelera na preparación para a primeira xornada do campionato. Un partido importante será o do vindeiro sábado diante do potente Wolfsburgo, da Bundesliga, co que empregará un equipo moi similar ao que comece o torneo ligueiro.
Dúas boas novas para o técnico son a recuperación de Gonçalo Paciencia (pubalxia) e Miguel Rodríguez (escordadura de xeonllo). Os dous estiveron ausentes na convocatoria do Quinocho por precaución e, desde este martes, xa teñen a alta para exercitarse co grupo.
O encontro de Alemaña xogarase o vindeiro sábado ás 17:00 horas e poderase ver en directo pola G2 e por G24.gal/deportes