Publicador de contidos

Publicador de contidos

Goberno e Igrexa católica acordan regularizar un milleiro de bens inmatriculados

Goberno e Igrexa católica acordan regularizar un milleiro de bens inmatriculados

EFE/Pool Moncloa/Fernando Calvo EFE/Pool Moncloa/Fernando Calvo
G24.gal 24/01/2022 16:24

O Goberno e a Conferencia Episcopal pecharon un acordo sobre as inmatriculacións de bens por parte da Igrexa que admitiu ter un milleiro deses bens dos que non lle consta titularidade ou corresponden a un terceiro. Esta colaboración abre a vía para regularizalos.

O acordo fíxose público tras a reunión este luns entre o xefe do Goberno, Pedro Sánchez,  e o presidente da Conferencia Episcopal, Juan José Omella.

O Goberno remitiulle ao Congreso un listado de bens inmatriculados, isto é, rexistrados por vez primeira, pola Igrexa católica entre os anos 1998 e 2015. Do estudo tírase que hai un milleiro de bens, segundo datos da Conferencia Episcopal, que o Goberno porá en coñecemento das entidades locais e dos rexistros para iniciar o seu  proceso de regularización.

No  listado figuran 34.961 inmobles da Igrexa con posibilidade de reclamar a titularidade de miles deles. Algo máis de vinte mil refírense a templos da Igrexa católica ou dependencias complementarias e o resto son terreos, vivendas ou locais.

A Conferencia Episcopal asegura que non é que os vaian devolver porque nunca figuraron como propios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade