Goberno e Generalitat reúnense este domingo para abordar as denuncias de espionaxe
Yolanda Díaz dixo en Cataluña que é unha cuestión moi grave
Nunha entrevista radiofónica asegurou que ela mesma teme que a poidan espiar cando fala por teléfono
"Vostedes están tranquilas cando falan por teléfono?"
"Non, eu non. Eu non"
"Temen que a poidan espiar?"
"Si, dígoo francamente, si"
Con esta rotundidade, a vicepresidenta segunda do goberno confesaba nunha entrevista en Cataluña Radio o seu temor a que a poidan espiar cando fala por teléfono.
Dende Barcelona, onde participou na celebración do Sant Jordi, Yolanda Díaz advertiu que a suposta espionaxe, denunciada por máis de 60 dirixentes independentistas, non é soportable nunha sociedade democrática.
É que non depende do número de persoas que fora espiada, con que unha soa fora espiada é moi grave. A situación é grave non lle quero quitar nin un ápice de gravidade ao asunto. E xustamente porque é grave esixe de diálogo, dialogo e diálogo
O Goberno e a Generalitat intentarán encarrilar o diálogo nunha xuntanza de urxencia mañá en Barcelona. Vanse reunir o minisitro da presidencia, Félix Bolaños, e a conselleira Laura Vilagrá.
O presidente catalán, Peré Aragonés advirtiu xa que a situación non se solucionará cunha foto do encontro.
Non ten ningún sentido que a día de hoxe o presidente do Goberno non dese ningunha explicación As explicacións da ministra de Defensa, Margarita Robles, son insuficientes e mesmo contraproducentes.
Creame, estamos traballando por un tema que creo que é de máxima importancia para o conxunto do país e sobre todo para as democracias contempóraneas
Dende a Generalitat manteñen que o encontro de mañá non pode subistutuír unha xuntanza nos próximos días entre Sánchez e Aragonés.