Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez: "O Real Madrid vén de dúas derrotas na Liga, iso fainos máis perigosos"

Giráldez: "O Real Madrid vén de dúas derrotas na Liga, iso fainos máis perigosos"

O técnico do Celta sostén que "o Madrid é distinto co cambio de adestrador", pero non considera que Xabi Alonso estivese a facelo mal

G24.gal 05/03/2026 15:06 Última actualización 05/03/2026 15:17

O equipo de Arbeloa chega a Balaídos tras dúas derrotas, pero Claudio non se fía.

"Cambiábame por eles. Gustaríame estar segundos na Liga e en oitavos de Champions. Están nun momento da tempada de posicionarse. Van pelexar polos dous títulos máis importantes".

"O adestrador leva pouco tempo e supoño que estará nese momento de que o equipo vaia á súa idea. Isto require un proceso, un tempo. Veñen de dúas derrotas que non é algo normal ou habitual nun equipo como o Madrid ou o Barça, pero iso fainos aínda máis perigosos", comentou respecto diso.

Giráldez falaba das baixas do Madrid, pero sabe que o Madrid ten moitos recursos para substituír a calquera xogador.

"Cada un ten as súas características e témonos que adaptar a elas".

O adestrador do Celta falaba dos obxectivos e que tamén están na liña de poder conseguilos. Agora están en postos europeos e esperan poder seguir loitando por iso.

"Gustaríame que continuásemos nesta mesma liña de aquí a final da tempada", dixo sobre o seu equipo.

Giráldez sostén que "o Madrid é distinto co cambio de adestrador»"pero non considera que Xabi Alonso estivese a facelo mal e di que o tempo será o que determine se o cambio foi acertado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade