Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gilsanz entende contactos con outros técnicos: “A obriga é buscar alternativas”

Gilsanz entende contactos con outros técnicos: “A obriga é buscar alternativas”

O técnico deportivista, que finaliza contrato o próximo 30 de xuño, dixo estar centrado unicamente no partido do próximo domingo contra o Albacete

Foto Deportivo
G24.gal 02/05/2025 11:35 Última actualización 02/05/2025 11:39

O adestrador do Deportivo, Óscar Gilsanz, comentou que non lle sorprende que a dirección deportiva que lidera Fernando Soriano contactase con outros técnicos para a próxima tempada.

“Non debo valorar cousas do mercado. Non o fago de xogadores, non o vou facer de adestradores. A obriga do club é ter sempre alternativas. Nese aspecto, ten esa parte de que hai que prever circunstancias. Non hai problema por facelo”, comentou en conferencia de prensa.

Neste sentido, o técnico deportivista, que finaliza contrato o próximo 30 de xuño, dixo estar centrado unicamente no partido do próximo domingo contra o Albacete.

“Non hai nada que me aparte do día a día, de ter os cinco sentidos no Albacete. O club fai o seu traballo e eu teño que facer o meu”, incidiu Óscar Gilsanz.

O adestrador coruñés deu o salto ao primeiro equipo desde o Fabril na xornada 13 tras a destitución de Imanol Idiakez. Gilsanz colleu o equipo en postos de descenso e, a falta de cinco xornadas para o final do curso, teno décimo segundo, con 50 puntos, dez máis que o Eldense, que pecha a zona de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade