Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gandeiros reclámanlle ao Goberno contundencia coas lácteas que incumpren cos prezos

Gandeiros reclámanlle ao Goberno contundencia coas lácteas que incumpren cos prezos

Critican a pasividade do Goberno central ante os indicios de supostas prácticas ilegais

As mobilizacións continuarán se non hai medidas que garantan prezos dignos

Os produtores pediron actuacións urxentes na Mesa do Leite
G24.gal 26/11/2021 14:22

As organizacións agrarias reclámanlle ao Goberno central unha resposta contundente contra as industrias lácteas que están pagando o leite a un prezo que non lles permite aos gandeiros cubrir os custos de produción.

Na Mesa do Leite celebrada en Madrid denunciaron a pasividade do Goberno e pedíronlle unha actuación urxente que evite novas mobilizacións e alivie os problemas económicos dos gandeiros.

A seguinte cita negociadora será o vindeiro luns. O ministro de Agricultura convocou os axentes do sector primario, que anuncia mobilizacións ante a preocupación xerada pola nova lei de cadea alimentaria e a suba dos custos de produción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade