Cargando resultados...
Galicia volve superar as 700 hospitalizacións, mentres aumentan os casos activos
O Sergas notificou tres falecementos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas

G24.gal
28/04/2022 10:26
Volven aumentar os ingresos en planta (+9), que provocan pasar, de novo, das 700 hospitalizacións. Porén, descenden lixeiramente as persoas nas UCI (2). En total, hai 681 e 21 ingresos, respectivamente.
Pola súa parte, notificáronse 1.728 contaxios novos nas últimas 24 horas, que se reparten nas distintas áreas sanitarias da seguinte maneira:
En canto aos casos activos, estes volven subir, e chegan a 16.668 (+945) as persoas con coronavirus en Galicia.
O Sergas notificou tres decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas, que alzan a cifra a 3.324 falecementos desde o inicio da pandemia.