Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia triplicará o orzamento destinado á prevención de ataques do lobo en 2023

Galicia triplicará o orzamento destinado á prevención de ataques do lobo en 2023

Haberá 1.9 millóns para axudas na instalación de peches ou a adquisición de cans protectores

Cada ano recíbense 1.200 avisos con máis de 2.000 reses afectadas

 

 

 

 

G24.gal 11/10/2022 15:03

A explotación de Luís nin é extensiva nin está na alta montaña. Pero as súas xovencas xa padeceron o ataque do lobo en varias ocasións.

"Romperon o peche e iso que había dous mastíns a 100 metros. Polas feridas que lles fixeron nas patas deberon ser dous lobos", explica Luís Suárez desde a súa gandería de Oza-Cesuras.

Segundo informa Medio Ambiente, cada ano reciben unhas 1.200 chamadas como a de Luís con 2.000 reses afectadas. Por iso van reforzar as axudas para que os gandeiros instalen peches, pastores eléctricos ou adquiran cans mastíns.

"Hai que facer un esforzo, os orzamentos de 2013 contemplan 1,3 millóns de euros máis en axudas para tomar medidas de prevención nas ganderías. Hai que protexer o lobo, pero sen deixar atrás os gandeiros", di a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.

Por outra banda, a conselleira denunciou que Galicia podería quedar fóra da repartición de fondos estatais para paliar os danos do lobo por seguir rexeitando a estratexia de protección nacional aprobada este verán e á que se opuxeron as catro comunidades con maiores poboacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade