Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia supera os 16.000 casos activos, pero caen os positivos e a presión hospitalaria

Galicia supera os 16.000 casos activos, pero caen os positivos e a presión hospitalaria

A área sanitaria de Ourense segue a ser a única que resta casos activos

Jessica Fernández 21/12/2021 10:18 Última actualización 20:45

Os casos activos seguen aumentando e xa pasan dos 16.000. En total, hai 16.253 persoas con coronavirus en Galicia.

En canto aos contaxios diarios, estes descenden por primeira vez nunha semana de continua subida. Foron detectados 1.041 casos novos por probas diagnósticas.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 2.530 (+158)

Vigo: 5.282 (+71)

Ourense: 2.547 (-35)

Santiago: 1.709 (+99)

Lugo: 1.066 (+38)

Pontevedra: 2.515 (+34)

Ferrol: 604 (+32)

A presión hospitalaria tamén descende con respecto ao día anterior: hai unha persoa menos en UCI (50) e 8 menos en planta (233).

O Sergas notificou este martes o falecemento de cinco persoas que foran diagnosticas con coronavirus, polo que a cifra de decesos aumenta a 2.735 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os falecementos son os dun home de 48 anos no CHUVI, un varón de 95 anos no CHOP, unha muller de 91 anos no CHUO, un home de 90 anos no Hospital do Salnés e unha muller de 76 anos no CHUAC.

Segundo informa Saúde Pública, todas elas presentaban patoloxías previas.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar