Galicia supera o pico da quinta vaga e pasa dos 20.000 casos activos
A presión hospitalaria segue descendendo en planta (-5), pero mantense igual nas UCI
A área sanitaria de Vigo pasa dos 600 contaxios diarios

Os casos activos seguen aumentando sen pausa e xa superan o pico da quinta vaga rexistrado o pasado 1 de agosto. Ademais, superan os 20.000, achegándose ao pico máis álxido da pandemia, o da terceira vaga do pasado 29 de xaneiro.
En total, hai 20.262 persoas con coronavirus en Galicia.
Os contaxios diarios, pola súa parte, volven alcanzar o seu máximo de toda a pandemia en Galicia, ao detectarse 2.508 novos casos por probas diagnósticas.
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 3.325 (+340)
Vigo: 6.190 (+254)
Ourense: 2.619 (+59)
Santiago: 2.696 (+434)
Lugo: 1.505 (+186)
Pontevedra: 3.010 (+170)
Ferrol: 917 (+155)
En canto á presión hospitalaria, esta descende con respecto ao día anterior en planta (-5), deixando 218 persoas ingresadas; pero mantense en planta, onde segue habendo 50. En total, 268 persoas atópanse hospitalizadas en Galicia por mor da covid.
Con todo, o Sergas notificou tres decesos por mor da covid, que elevan a cifra a 2.742 falecementos por covid en Galicia desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos