Galicia supera as 700 persoas hospitalizadas, mentres seguen baixando os casos activos
Hai 60.720 persoas con coronavirus
Os contaxios diarios aumentan lixeiramente

Os casos activos seguen diminuíndo (-2.147) e xa están polos 60.000. En total, hai 60.720 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios soben lixeiramente con respecto ao día anterior e rexístranse 4.577 nas últimas 24 horas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 13.323 (-527)
Vigo: 15.661 (-709)
Ourense: 6.129 (-142)
Santiago: 9.703 (-284)
Lugo: 6.205 (-189)
Pontevedra: 6.785 (-197)
Ferrol: 2.914 (-99)
En canto á presión hopitalaria, esta continúa en aumento con 21 ingresos máis en planta, pero 3 menos nas UCI. En total, hai 704 persoas hospitalizadas, 663 en planta e 41 nas UCI.
Con todo, o Sergas notificou 7 decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 2.939 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos