Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia aposta pola intelixencia artificial con novos proxectos

Galicia aposta pola intelixencia artificial con novos proxectos

Xa hai proxectos que tentan xuntar as empresas cos centros que ofertan estas tecnoloxías de futuro

G24.gal 20/11/2022 14:55 Última actualización 20/11/2022 15:07

Nos últimos tempos a intelixencia artificial e os algoritmos son os termos de moda. Simplificando moito, estas formulacións matemáticas fan que un coche se deteña por si só ou que un programa escolla as novas máis importantes. Pero tamén teñen capacidade de decidir que persoas poden optar a un traballo ou a un tratamento médico.

Para controlar o comportamento ético destes programas estase a crear a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial, que podería ter a súa sede en Galicia.

"Non só vai realizar funcións de regulamentación, de supervisión, para establecer ata que punto as tecnoloxías poden ser usadas, senón que tamén dispón dunhas funcións relacionadas con demostradores tecnolóxicos, pilotos de probas para as empresas e as compañías; e onde estea situada a sede, pois será un polo de atracción importante para todo tipo de empresas tecnolóxicas", defende Marcos Ortega, profesor da Universidade da Coruña e responsable do nodo DIHGIGAL.

A intelixencia artificial representa o futuro económico e tecnolóxico, para o que se require unha transformación dixital da industria. En Galicia xa hai iniciativas, como o DIHGIGAL, un nodo ou punto de encontro que pon en contacto as industrias cos centros tecnolóxicos e as universidades que ofertan as novas posibilidades dixitais.

"A idea é que este nodo sirva para establecer unha conexión máis forte entre a oferta e a demanda, en termos de intelixencia artificial, e polo tanto, poder catalizar e acelerar proxectos", mantén o coordinador de DIHGIGAL.

A principios do ano que vén saberase o emprazamento onde se establecerá a axencia para supervisar a intelixencia artificial, ao que aspiran A Coruña e Ourense xunto con outras once cidades españolas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade