Fran Alonso cualifica a visita do Granada a Riazor como unha "final"
Fran Alonso: "O bo é que dependemos de nós, os 3 puntos ante o Granada serían un paso de xigante"
Fran Alonso, adestrador do Deportivo feminino, cualifica a visita do Granada a Riazor mañá como unha "final", na pelexa do cadro coruñés pola permanencia.
"É unha final, como veñen sendo os últimos partidos. Unha final especial, porque cando vimos de derrota, para nós é importante para recuperar sensacións".
O técnico deportivista asegura que "puxemos moito esforzo esta semana. Sempre o poñemos pero esta semana un pouco máis porque é o penúltimo partido en Riazor. E para nós unha vitoria sería importantísimo para o noso obxectivo".
"O bo é que dependemos de nós, os 3 puntos ante o Granada serían un paso de xigante".
"Non sabemos cantos puntos son necesarios, pero con 29 estariamos nunha boa posición".
Os resultados da última xornada, coa derrota en Buñol ante o Levante, deixaron as deportivistas na 13ª posición con 26 puntos.