Cargando resultados...
Forzas moi parellas no empate de Ourense e Compostela
Jerin adiantou o equipo local no primeiro tempo e a expulsión de Nacho Fariña condicionou o segundo tempo
Pablo Crespo, na súa estrea como titular, empatou no 83'
G24.gal
18/09/2022 19:07
Ourense C. F. e Compostela empataron (1-1) no campo do Couto nun partido no que amosaron un gran equilibrio de forzas. Comezou con máis forza o cadro ourensán, xerando ocasións e marcando grazas a un tiro de Jerín desde a frontal.
O Compostela foi bulindo e antes do descanso Cano tivo unha boa ocasión para o empate. Xa no segundo tempo a expulsión de Nacho Fariña condicionou o partido. O Ourense estaba cada vez máis atrás e iso aproveitouno o equipo de Fabiano para empatar cun tanto do central debutante Pablo Crespo.