Formoso critica a Xunta por eliminar a Tarxeta Básica sen formular alternativas
Di que o PP non amosa "a máis mínima sensibilidade coas clases medias e baixas"
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, criticou este domingo o presidente da Xunta por eliminar a tarxeta básica que garantía o acceso a produtos básicos a 75.000 familias galegas "sen adoptar unha soa medida alternativa".
Tras participar no último tramo da marcha de Special Olympics en Santiago de Compostela, xunto ao alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, criticou o PP por non amosar "a máis mínima sensibilidade cara ás clases medias e baixas".
"Estamos a ver como aquí en Galicia a Xunta está deixando de lado, sen adoitar nin unha soa medida, as clases medias e baixas que teñen que sufrir o custe da vida, e sobre todo dos combustibles. Especialmente os sectores estratéxicos da economía galega como os gandeiros, os agricultores, os pescadores e mesmo os transportistas".
Formoso lembrou que o partido da Xunta é o mesmo que o da presidente da Comunidade de Madrid, que acaba de habilitar bolsas "para persoas con ingresos superiores a 100.000 euros"; e o mesmo que o de Feijóo, que "non adopta nin unha soa medida para as clases medias e baixas".