Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Gabarra volverá saír por Bilbao corenta anos despois

A Gabarra volverá saír por Bilbao corenta anos despois

O Athlétic gaña a Copa na quenda de penaltis (1-1, 4-2)

O betanceiro Dani Rodríguez adiantou o Mallorca e Sancet igualou no segundo tempo

G24.gal 06/04/2024 23:56

Comezou o partido con intensidade, e o primeiro en avisar foi o Athletic, cun remate de Nico Williams que marchou desviado. E, logo dun lanzamento lonxano de Muriqi que despexou a córner Agirrezabala, chegou o primeiro tanto. O galego Dani Rodríguez marcou pola escuadra logo de varios rexeitamentos dentro da área.

O gol sentoulle mal ao Athletic, e comezaron a aparecer as pantasmas das finais perdidas polo “rei de Copas”. Malia a isto, tivo a súa réplica o equipo de Valverde. Nico Williams definiu con calidade, pero o gol foi anulado por fóra de xogo. E as dúas últimas ocasións foron tamén do Athletic, cun remate de Nico Williams ao lateral da rede, e outro de Guruzeta moi cruzado. Co triunfo momentáneo dos illeiros rematou a primeira metade.

Á volta de pausa, o Athletic acadou xusto o que precisaba. O gol do empate. Foi Sancet quen puxo a igualada no marcador, logo dun balón perdido por Dani Rodríguez diante de Nico Williams. E a partir de aí, o equipo vasco comezou a xogar algo mellor. O Mallorca agardaba a súa ocasión, pero recuou un chisco e sio aproveitouno o seu rival para gañar metros. Pero as ocasións claras non chegaron, máis aló dun lanzamento lonxano de Vivian que case sorprende a Greif xa no tempo engadido. E así remataron os 90 minutos. A final ía á prórroga.

Non se movería o marcador no tempo suplementario e houbo que decidir o gañador na quenda de penaltis. Morlanes e Radonjic fallaron para o conxunto do Mallorca e o Athlétic, que fixo pleno, acabou celebrando o triunfo grazas ao gol de Berenguer. Había 40 anos que o cadro bilbaíno non gañaba unha Copa. Bilbao volverá a sacar a Gabarra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos