Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fin de semana de festas multitudinarias en Galicia

Fin de semana de festas multitudinarias en Galicia

Entre as máis concorridas, a do Carballiño, a de Betanzos ou a de Vilanova de Arousa

A diversión non remata aquí, nesta longa ponte continúan as grandes romarías

G24.gal 14/08/2022 21:12 Última actualización 14/08/2022 21:25

Foi a gran fin de semana das festas en boa parte de Galicia. Entre as máis concorridas, a do Carballiño, a de Betanzos ou a de Vilanova de Arousa.
Pero a diversión non remata aquí. Nesta longa ponte continúan as grandes romarías.

Este domingo milleiros de visitantes achegáronse ata O Carballiño. A súa festa do polbo é unha tradición con 60 anos de historia. Este domingo celebraron o día grande deste evento que é xa de interese turístico internacional. 

En toda a fin de semana, desde o concello estiman que unhas cen mil persoas gozaron da festa e que se consumiron uns 80.000 quilos de polbo.

E outra festa gastronómica de moito éxito, a do mexillón en Vilanova de Arousa, que celebraron por todo o alto con concertos pola noite e polo día os asistentes puideron gozar dos pratos estrela: mexillóns e berberechos.

En Betanzos tampouco decepcionan. Celebran as festas patronais con verbenas, pasacalles e concertos. Pero o máis agardado é o lanzamento do globo, na noite do 16 ao 17. É o globo de papel máis grande do mundo... e o seu lanzamento é un acontecemento multitudinario.

As celebracións espállanse por toda Galicia. Pontevedra conmemora as festas da Peregrina. Uns festexos que non fan máis que comezar e que inclúen actividades en barrios de toda a cidade, pasacalles e concertos durante dez días. 

En Mondoñedo a cita foi coa historia: a cidade celebrou durante tres días o mercado medieval, unha festa de interese turístico galego que vai xa pola 30 edición. Artesáns e comerciantes animan o mercado, no que participan preto dun cento de postos, distribuídos arredor do núcleo histórico.

E a popular festa da auga de Vilagarcía celébrase o martes 16. Os participantes buscarán coma cada ano divertirse e refrescarse.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade